Entradas

Mostrando entradas de julio, 2024

Álbum diario Campamento "Telón de aventuras" Teatro en Entrimo. Q3

Imagen
Día 1. Emoción, primeiras amizades, miradas coñecedoras. Todo isto mentres pola mañá fixemos xogos de presentación e recibimos a todos os participantes. Chegamos, os participantes coñecen aos monitores e aos seus novos compañeiros de aventura, coñecen o campamento e as instalacións que serán a súa casa durante os próximos 10 días. Despois das actividades para coñecer o entorno e o equipo de monitores entramos no comedor, pola tarde preséntanse os materiais cos que conviviremos: Wakachina (caixa de obxectos perdidos) e Camerómetro (As súas habitacións serán camerinos, con unha estrela no paseo da fama para os máis organizados). Pola tarde todos xogan a Galos e romanos, un xogo ambientado na famosa película de Astérix e Obélix e facemos a proba de natación. Pola noite non podían faltar á primeira velada, na que convivirán con cantantes e artistas aos que terán que conquistar se queren que o seu equipo teña un bo resultado. Día 2. Espertámonos no noso marabilloso campamento, e algúns neno...