Álbum diario Campamento "Telón de aventuras" Teatro en Entrimo. Q3
Día 1.
Emoción, primeiras amizades, miradas coñecedoras. Todo isto mentres pola mañá fixemos xogos de presentación e recibimos a todos os participantes.
Chegamos, os participantes coñecen aos monitores e aos seus novos compañeiros de aventura, coñecen o campamento e as instalacións que serán a súa casa durante os próximos 10 días.
Despois das actividades para coñecer o entorno e o equipo de monitores entramos no comedor, pola tarde preséntanse os materiais cos que conviviremos: Wakachina (caixa de obxectos perdidos) e Camerómetro (As súas habitacións serán camerinos, con unha estrela no paseo da fama para os máis organizados).
Pola tarde todos xogan a Galos e romanos, un xogo ambientado na famosa película de Astérix e Obélix e facemos a proba de natación.
Pola noite non podían faltar á primeira velada, na que convivirán con cantantes e artistas aos que terán que conquistar se queren que o seu equipo teña un bo resultado.
Día 2.
Espertámonos no noso marabilloso campamento, e algúns nenos e nenas espertáronnos antes de que soase a música, a nosa primeira noite no campamento.
Hoxe os dous grupos: Traxedia e Comedia, pola mañá fixeron xogos cooperativos e un obradoiro de formación teatral.
No tempo libre bañámonos na piscina e no mesmo tempo fixéronse pulseiras e minixogos.
Pola tarde tivemos unha marabillosa aula de natureza no recuncho verde e tamén un gran xogo.
Pola noite despois dunha velada máxica na que tivemos que rescatar e atopar algúns obxectos do cine para recuperar os personaxes das películas, fixemos unha escoita activa sobre sentimentos.
Tivemos unhas reflexións moi interesantes.
Un bico familias.

Día 3.
Ola familias! Hoy seguimos coñecendo, o terceiro día e as sonrisas e cancións comezan a fluir entre todos e todas. Nos preparamos para comezar a mañá de expresión corporal e orientación, a descubrir cada esquina do campamento coa axuda do GPS para capturar aos seres máxigicos da mitoloxía galega!
O ratito de piscina foi moi entretenido e durante a tarde levamos cabo técnicas de circo e deportes acuáticos, ao auga!
Tras a cena finalizamos o día cunha velada da Noite Meiga, onde nos visitaron todas as criaturas, os nenos e as nenas tiveron que dar o mellor de si mesmos para superar as diferentes probas.
Estamos disfrutando moito,
moitos besos familias!
Día 4
Comezamos o día co almorzo en grupo e cunha das nosas partes favoritas, a Activa-T.
Comezan os ensaios teatrais, que esta mañá alternarán con xogos deportivos e o gran partido do Safari!
Pola tarde emprendimos a ruta, buscando unhas pozas de sombra onde refrescarnos, e na volta duchámonos.
Ceamos e comezamos a nosa noite de Mamut e a Lúa onde coñecerán os deuses gregos cunha gran actuación de todo o equipo.
Grazas polos vosos comentarios.
Son un grupo moi participativo e comprometido, estamos moi contentos.
Un bico familias.
Día 5.
A xornada comeza coas nosas rotacións en 5 grupos: Expresión corporal, dramatización, circo e para rematar estreamos o rocódromo!
Paramos a comer, hoxe tres filetes de arroz e porco riquísimos con verduras asadas.
Pola tarde comezamos as nosas rotacións de teatro, con expresión corporal e circo, comezamos a baixar pola tirolina!
Estamos preparándonos para a noite de furia. Música, probas e baile. noite incrible
Campamento Ecuador.
Grazas a todas as familias!
Día 6.
Bos días familias!
Hoxe tivemos unha temperatura ideal. Por iso hoxe fomos de camiñada! De mañá a tarde para bañarnos nas instalacións da piscina natural preto de Entrimo, onde comemos unha deliciosa empanada caseira, volvemos directos á piscina e duchamos.
Ao caer a noite comezamos a nosa velada de estratexia, na que dous ladróns roubaron a nosa mascota: Tosti. O obxetivo desta velada era salvar a nossa a miguiña querida.
Só nos quedan tres días, non queremos que remate o campamento.
Moitos bicos.
Día 7.
Bos días familias!
Hoxe puidemos gozar dun día fantástico.
Comezamos o día co noso xogo co noso ensaio xeral, comezamos a materializar todo o aprendido durante o campamento, é o momento de poñernos mans á obra onde darán forma aos seus proxectos teatrais previos á representación final. Na segunda parte da mañá tivemos a actividade Conecta2 na que os campistas xogarán e reflexionarán sobre a empatía cos demais e xerarán un sentimento de unión.
Pola tarde continuamos coas rotacións: Dramatización, rocódromo, formación en artes escénicas, circo e expresión corporal.
Preparámonos para a noite do cluedo, ambientada en Hollywood, onde tivemos que investigar para descubrir que pasou co misterio que se agocha tras un famoso produtor musical
Mañá saímos familias á estrada, teñades paciencia coas chamadas.
Grazas por estar do outro lado.
Día 8.
Bos días familias!
Hoxe comezou a xornada cos ensaios xerais, as obras xa están totalmente preparadas para A Gran festa final mañá pola tarde. Na tarde seguimos coas rotacións de teatro: dramatización, circo, adestramento e expresión corporal, nas que seguen aprendendo a mellorar as súas habilidades e rocódromo con tirolina.
Visitaranos dende a Xunta para realizar un obradoiro de batidos saudables.
Pola noite tivemos a oportunidade de capturar a uns superheroes que estaban polo campamento e probar todos os seus poderes!
Mañá lembrade que temos chamadas e que haberá que saber a hora aproximada de recollida.
As primeiras bágoas comezaron a fluír.
Moitos bicos familias!
Día 9.
Bos días familias!
Último día do noso campamento. Non podemos describilo hoxe. Unha das máis emocionantes do verán. Pola mañá comezamos o noso exitoso obradoiro de camisetas TYE-DYE, pandeiretas y baile galego, tamén fixemos abanicos co mensaxes e un obradoiro de ioga. Despois da merenda os grupos comezaron a ultimar os detalles das actuacións que íamos facer pola tarde. E pola tarde os últimos ensaios xerais.
Familias, Entrimo Talent e animais de todo tipo, programación televisiva, tiñamos de todo. Todo o que aprendemos no campamento poñémolo en práctica na representación final da noite.
Os monos tamén tiveron unha sorpresa e déronnos agasallos. Todos choramos, non queremos que isto remate.
Para rematar, a estrela da noite: a escoita activa.
Vémonos mañá familias.
Grazas por todo





















































Moi ben, disfrutádeo moito.
ResponderEliminarGraciñas,desfrutade
ResponderEliminarMoitas grazas! Que ben o pasades ☺️
ResponderEliminarGrazas pola vosa confianza familias, hoxe é día de chamadas, falamos!
ResponderEliminarMoitas gracias pola boa labor que facedes, de seguro que o están a pasar fenomenal!
ResponderEliminarPasádeo moi ben. Un saúdo.
ResponderEliminarQue guais as actividades!! Grazas por ir contándonos a diario🥰😍
ResponderEliminarGracias por tanto traballo e por tanta implicación, nótase no contentos que están os nen@s.
ResponderEliminarMoitas MERCI!!! Formidable todo!! Animo!!
ResponderEliminarDespois deles, toca o campamento para pais e mais, non si? Grazas polo voso traballo!
ResponderEliminarPor aquí preguntan se ides subir os vídeos? Moitisimas grazas por todo!
ResponderEliminarMuchas gracias por haber cuidado y haber enriquecido con esta experiencia a mi pequeño Guisante. Sois un equipo fantástico, seguid así .....personas como vosotros son las que hacen falta.
ResponderEliminarGrazas por todo o entregado, creo que se fixo unha experiencia inolvidable para eles e todos os que participastes disto. Un bicazo enorme de parte de Xan e da súa familia
ResponderEliminar